Descarga e instalación de Sage

Esta nota contén información para a descarga e instalación de Sage nun ordenador personal de 32 bits e que teña Ubuntu como sistema operativo (para outras configuracións podédesme consultar). Toda a información está sacada do sitio de Sage.

1.- Descarga















































































































e xa temos o arquivo no Escritorio, por exemplo.



2.- Instalación

A axuda está na documentación online de Sage















































































































Supoñamos que temos o archivo no Escritorio. Abrimos unha terminal e escribimos

tar –lzm -xvf sage-4.3.4-linux-32bit-ubuntu_9.10-i686_Linux.tar.lzma











Tras a execución do comando (leva un intre) aparecerá no Escritorio unha carpeta co nome sage-4.3.4-linux-32bit-ubuntu_9.10-i686_Linux. Esa carpte podemola mover onde queiramos a executar Sage dende ella. Outra posibilidade (mellor!) e copiar o arquivo sage que hai dentro dela á carpeta do sistema /usr/local/bin

Na terminal que abrimos (ou noutra) cambiamos o directorio: cd /usr/local/bin. Facémonos superusuario, sudo su, para poder escribir ahí, e copiamos o arquivo sage: cp /home/<o teu usuario>/Escritorio/sage-4.3.4-linux-32bit-ubuntu_9.10-i686_Linux/sage .









Só falta unha cousa: editar este arquivo e modificar unha variable nel. O comando seguinte, como superusuario,

root@white-laptop:/usr/local/bin# gedit sage

fai aparecer unha ventá onde temos que escribir o que se amosa na figura



















Gardamos o arquivo e pechamos a ventá. Agora nunha terminal e co usuario habitual escribimos sage. Se todo foi ben podemos traballar en modo consola ou lanzar o notebook co comando notebook(). Este lanza Firefox e xa podemos usalo o sistema.